18 de maio de 2010

As tres batallas de Feijóo e a alternativa. Entre a paranoia e a esquizofrenia ( e 2 )

Xoán Hermida

Atopámonos pois nun momento no que non existe, que se puidera denominar como tal, unha verdadeira oposición institucional pero ademais, e o que é peor a medio e longo prazo, podemos atoparnos sen unha alternativa nacional de esquerdas á actual hexemonía da dereita.

E digo peor, porque no primeiro caso xa non ten moito remedio durante a presente lexislatura tal e como se moven os partidos da oposición e debido ao baixo rateo señoría/intelixencia que poboa os escanos da oposición no parlamento galego. Namentres que no segundo, senón xurde unha alternativa ao marxe das actuais estructuras partidarias moito me temo que teremos Feijooismo para moito máis tempo que tivemos Fraguismo.

Así as cousas, conviría saber cantas persoas parten desta mesma reflexión ( sobre a situación critica da esquerda política ) e conclusión ( necesidade da vertebración dunha nova alternativa ).

Particularmente cheguei a pensar que era un becho raro. O feito de que dende fai moito tempo non me vexa reflectido en ningún dos proxectos partidarios existentes fixo que pendurara de entre os existentes pero sen maior entusiasmo e soamente como mal menor diante dunha dereita reaccionaria e con difícil homologación europea. Ademais un día un amigo díxome: “eu non coñezo ningún ecosocialista en Galicia aparte de ti”.

Non obstante, eu xa comprobara que durante os últimos anos como ía crecendo o número de persoas que cun alto nivel de conciencia política priorizaban nas organizacións sociais a súa militancia a medida que abandonaban a súa participación partidaria. Tamén se volveu fácil atopar un cada vez maior número de votantes de esquerda que no mellor dos casos achegábanse sen moita convicción ás furnas nas convocatorias electorais que valorarían positivamente de que xurdira unha nova opción diferente ás xa coñecidas.

En todo caso máis alá dos termos semánticos: ecosocialista, ecocomunista, nova esquerda, altermundista,.... hai elementos comúns en todas esas persoas á hora de abordar o proxecto político referido:

- claramente antisistemico pero pensado en clave de minorías influentes e non necesariamente marxinais nin marxinalizadas;

- que antepoña a estratexia a posicionamentos tácticos, e polo tanto que resitúe aos movementos sociais o seu papel e a súa importancia;

- que teña unha perspectiva actual do suxeito revolucionario con toda a súa amplitude e complexidade, fuxindo de inexplicables corporativismos;

- que actualice o proxecto nacional tendo igualmente en conta a crise dos estados-nación e os procesos de converxencia, situando no soberanismo a fase política dun proxecto de autodeterminación que ten evolucionado desde o rexionalismo, sendo definido nas pasadas décadas como nacionalismo;

- que asegure a prioridade dos elemento do ecoloxismo social nunha etapa na que se fai mais real que nunca a autodestrución global poñendo de actualidade a dicotomía de “socialismo ou barbarie”;

- escrupulosamente democrático no que as persoas sexan as donas do instrumento político sen a innecesaria intermediación de grupos que interpretan previamente a vontade do colectivo.

Entón onde está a cuestión.

A cuestión está nas direccións das forzas políticas que teñen secuestrado os proxectos da esquerda partidaria e intentan reiteradamente asaltar as organizacións da esquerda social.

Estas cúpulas teñen ido sufrindo ao longo dos últimos anos un proceso de degradación cultural e intelectual froito do desencanto das persoas máis preparadas, e a súa vez se teñen dado dous procesos que poderían denominarse en termos clínicos ( case necesarios neste momento ) como paranoia e esquizofrenia.

A paranoia dáse en grupos que diante da súa imposibilidade de conectar con mínimos sectores sociais, ao non ser capaces de analizar obxectivamente os cambios producidos na estructura económico-social ou política-cultural, acaban desconfiando da sociedade e nun proceso de endogamia retroalimentada ben conspiracións ou conspiradores nas persoas que reflexionan con autonomía e honradez ( mesmo equivocándose ) sobre o que esta acontecer en Galicia e no planeta.

A esquizofrenia avanza en sectores que noutra hora mantiñan posicionamentos claramente superadores do capitalismo perderon a relación espazo-temporal e mantendo no plano teórico ese discurso antisistémico son capaces de xestionar coa maior devoción o actual “status quo” e ademais acusar aos antigos camaradas de loita de traidores.

Non é un problema de inxenuidade política. Se sabe que as cousas no xogo democrático electoral son do seguinte modo: imos a modificar os nosos programas e os nosos plantexamentos co obxectivo de entrar en novos nichos electorais ou, pola contra, aquelas cuestións estratéxicas que afectan á misión e principios non se cuestionan en función de intereses electorais.

No primeiro caso tódalas experiencias, incluída a recente do bipartito, nos indican que cando renuncias ao teu proxecto tes máis posibilidades de perder nos teus nichos electorais que gañar nos do adversario. No segundo caso é obvio que o avance é mais lento pero se poden configurar minorías suficientemente amplas para condicionar as políticas gobernamentais.

En todo caso as dúas estratexias son lexitimas pero igualmente incompatibles. E sobre todo faise necesario ter a honradez suficiente para dicir os pros e contras de cada un dos camiños escollidos, senón queremos que a esquizofrenia e a paranoia política tan presente nos dirixentes actuais da esquerda partidaria acaben contaxiando a súa base social e aos sectores máis dinámicos, necesarios para a mudanza necesaria e posible.

As organizacións sociais están chamadas a xogar un papel cada vez máis importante, pero a situación actual de inexistencia de correlato partidario pode chegar a provocar unha situación inevitable de declive que leve a deserción da cidadanía activa ben por cansazo nuns casos ben por cinismo noutros.

Nos últimos meses temos asistido a interesantes iniciativas como a Rolda de Rebeldía, pero estamos nun momento, global e local, que se necesita da toma de iniciativa común que permita ás persoas de esquerdas volver a levantar a cabeza con dignidade.

Boa sorte.

3 comentários:

  1. Essa situação preocupa não somente a Galícia ou a Espanha, Europa como todo, mas, a todos nós uma vez que vivemos em um mundo globalizado.Deixo aqui um texto para reflexão de autoria do Frei Beto que retrata muito bem os dias atuais.

    A RAPOSA E OS OVOS

    Era uma vez uma raposa que jurou dar proteção ás galinhas. Postou-se à porta do galinheiro e, prometendo preparar para o futuro uma omelete que alimentaria a todos, tomou para si os ovos que, por medida de segurança, estavam distribuídos por diferentes cestas. Muitas galinhas não se importaram, acreditando que também os ovos dos gaviões haviam sido seqüestrados. Deixaram-se inclusive convencer de que a raposa havia cortado as asas dos gaviões. Estes, precavidos, guardaram seus ovos em outras montanhas e, se tinham cedido algumas penas, era para que todos pensassem que haviam perdido as asas.
    Galinhas que não botavam muitos ovos - e, portanto, perderam pouco nas mãos da raposa - com o tempo começaram a ter que deixar o poleiro e a receber meia ração. Mas, convencidas de que se faz uma imensa omeletes sem quebrar muitas ovos, suportavam estoicamente as longas filas para recuperar uma migalha qualquer do que haviam produzido. Aos poucos, foram descobrindo quão difícil era botar mais ovos se não havia ração suficiente e nem poleiro onde se encostar.
    A raposa, entretanto, continuou assegurando que tudo corria ás mil maravilhas. Claro, para ela, que se havia transformado na poderosa galinha dos ovos de ouro, estava tudo bem, sobretudo depois que ela abriu as portas do galinheiro aos abutres de outras plagas. Estes conseguiram convencê-la de que podiam modernizar o galinheiro, torná-lo mais produtivo, inclusive introduzindo galinhas mecânicas, desde que as verdadeiras galinhas fossem privadas da omelete e virassem canja para o banquete entre a raposa, os gaviões e os abutres.
    Naquelas mesmas paragens, há tempos um leitão exigiria o sacrifício de todos os carneiros, sob o pretexto de que se estava assando um enorme bolo que, mais tarde, seria dividido e cada um receberia sua fatia. O bolo cresceu, o leitão comeu com seus amigos e a fome grassou entre os carneiros tosquiados, que passaram a viver de esperança.
    Toda a artimanha do leitão e da raposa consistia em não permitir que carneiros e galinhas descobrissem que, unidos, podiam governar a si mesmos, livrando-se de leitões e de raposas. Pois ensina a sabedoria que sente frio aquele que entrega a lã a quem já está agasalhada e passa fome quem dá os ovos a quem sempre se fartou de omeletes.

    Texto extraído do Livro "Gosto de Uva" de Frei Beto.

    ResponderEliminar
  2. O nó da cuestión é rematar con ese secuestro no que teñen as diretivas ás iniciativas sociais de base.

    Os PARTIDOS (con maiúsculas )son as súas direcións ou comités decisorios. Se perden o poder de decidiren ós representantes nas cámaras lexislativas, será a traxectoria e o bó ou mal facer de cada político o que lle leve ó escano, ou á rúa.

    Unha iniciativa lexislativa popular sería a vía posible (desde dentro do sistema) para írmonos ó modelo das listas abertas nos procesos electorais, xa que non se pode agardar que algún partido con representación parlamentaria propoña tal medida...


    P.D.: Moi ben o conto de anónimo

    ResponderEliminar
  3. Pois adiante logo. Se hai persoas dispostas a levar adiante un proxecto alternativo de esquerdas (eu estou), pois haberá que comezar a falalo.
    Non cabe dúbida de que se o queremos facer ben, terá que haber un tempo de reflexión previo no que haberá moito que debater e xa que logo deberíamos ir comezando. Non hai que facelo con présa, claro, pero hai que facelo.
    Tamén concordo coa idea dunha ILP sobre as listas abertas. Penso que moitas persoas estarían de acordo e asinarían, aínda non sendo de esquerdas.

    ResponderEliminar